Facebook Twitter Google +1     Admin
20140511121825-13996352368204.jpg

Imaxe do rañaceos Kingdom Tower na cidade de Jeddah, Arabia Saudí / AS+ GG

Kingdom Tower, o que será o edificio máis alto do mundo iniciou a súa fase de construción. O 27 de abril empezouse a traballar sobre chan, na cidade de Jeddah (Arabia Saudí), tras varios meses de probas e traballos de preparación. A obra, dirixida polo arquitecto estadounidense  Adrian Smith, está prevista que finalice no 2018, aínda que a data exacta dependerá da evolución do proxecto.

A torre, cuxo prezo estimado é de case 900 millóns de euros, superará o record do edificio máis alto do mundo ao alcanzar os 1.000 metros de altura. Actualmente, ostenta esta posición o rañaceos  Burj Khalifa (Dubái), con 827 metros.

O rañaceos, de máis de 500.000 metros cadrados, contará con 107 pisos que darán cabida a oficinas, apartamentos residenciais e un hotel. O edificio contará con 59 ascensores e 12 escaleiras mecánicas. Ademais, dispoñerá dun observatorio para poder divisar as espectaculares vistas cara ao Mar Vermello, así como dunha terraza no ceo.

FONTE: Xornal El Mundo/Arquitectura

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.