Facebook Twitter Google +1     Admin

"A BESTA" ACHÉGASE Á TERRA

Publicado: 08/06/2014 08:10 por vgomez en CURIOSIDADES
20140607180314-asteroid-earth-.jpg

Recreación dun asteroide nas proximidades da Terra / SLOOH

 

Chámano “A Besta” polo seu tamaño, unha rocha de 325 metros de diámetro, a envergadura dun portaavións clase Nimitz, achegarase á veciñanza da Terra hoxe domingo pola mañá, segundo informan dende o Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL) da NASA. As dimensións deste asteroide, cuxo auténtico nome responde a 2014 HQ124, non deben asustarnos. Non ten ningunha posibilidade de chocar contra a Terra no seu sobrevoo, xa que pasará aproximadamente a tres veces a distancia entre o noso planeta e a Lúa.

Este asteroide xigantesco foi descuberto o 23 de abril polo Explorador Infravermello de Campo Amplo (WISE) da NASA. Moverase a 14 km/s, 17 veces máis rápido que un tiro dun rifle, cando rexistre a súa maior aproximación á Terra.

Os científicos admiten o seu desconcerto polo feito de que un asteroide tan grande fose descuberto fai tan só dous meses, xa que o tempo co que son observadas estas rochas é crucial no caso de que, nun futuro, poidamos facer algo para defendernos dun probable impacto. Se “A Besta” chegase a chocar contra a Terra, cousa que non fará, a enerxía liberada mediríase aos megatóns dunha bomba de hidróxeno.

FONTE: Xornal abce/ciencia 

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.