ADIVIÑA O PLANETA III

A contestación á pregunta do día anterior é VENUS.
Venus conta coas temperaturas medias máis altas do noso Sistema Solar, rexistrando ata 500°C; de feito, non adoita baixar dos 460°C. Venus e a Terra son os únicos planetas do sistema solar que posúen nome feminino.
E agora, a pregunta de hoxe:
Cal é o planeta da imaxe? Chámano o "planeta morto".
- COROT 7b
- HD 189773b
- KEPLER-36
- KIC 12557548 b
Mañá a solución e... unha nova proposta!
FONTE: Revista Muy Interesante
0 comentarios