Facebook Twitter Google +1     Admin
20140818103423-14077684014315.jpg

O rover chino "Yutu", comunmente coñecido como “coello de xade” / TIANGONG 1

 

Mentres EUA, a Axencia Espacial Europea (ESA), India e ata Emiratos Árabes Unidos teñen os seus ollos postos en Marte, China segue centrada en conquistar a Lúa. Oito meses despois da chegada do seu primeiro vehículo robótico (Yutu ou coello de xade) a bordo da nave Chang’e-3, anunciou o seu próximo paso na exploración lunar. A finais deste ano enviará unha nova sonda orbitadora á Lúa, Chang’e-4, que regresará á Terra.

Con esa misión, probará a tecnoloxía necesaria para facer realidade o seu próximo e ambicioso obxectivo, previsto para 2017: que a futura nave Chang’e-5 recolla mostras do satélite e as traia á Terra durante a súa viaxe de regreso.

O seu plan foi feito público a través dun comunicado da Administración Estatal de Ciencia, Tecnoloxía e Industria para a Defensa Nacional (SASTIND), no que subliña as dificultades técnicas que entraña a reentrada na atmosfera dun vehículo espacial, que terá que soportar temperaturas moi altas.

Segundo informa Xinhua (a axencia de noticias oficial do Goberno chinés) o orbitador lunar foi transportado ao Centro de Lanzamento de Satélites de Xichang, na provincia de Sichuan.

China compatibiliza o seu programa lunar coa construción da súa propia estación espacial, que pretende ter lista cara a 2020. O xigante asiático non forma parte da Estación Espacial Internacional (ISS).

De momento, China mandou xa cinco naves tripuladas ao espazo en diversas misións para construír a súa estación espacial. En xuño de 2013, os seus taikonautas, considerados auténticos heroes en China, completaron con éxito o acoplamento da nave Shenzou X co laboratorio espacial chinés Tiangong I, que orbita arredor da Terra.

En decembro de 2013, converteuse no terceiro país que logra realizar unha aluaxe controlada (só EUA e a URSS conseguírano ata entón). Aínda que China considera esta misión «un éxito total», o rover sufriu problemas técnicos ás poucas semanas.

O obxectivo último do seu programa lunar é enviar taikonautas. Dende que concluíron as misións Apolo en 1972, ningún ser humano volveu pisar o noso satélite.

FONTE: Xonal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.