Facebook Twitter Google +1     Admin

CINE: "A TERORÍA DO TODO"

Publicado: 19/01/2015 07:54 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20150118174103-208307.jpg

Cartel da película / Imaxe: sensacine.com

Esta fin de semana estreouse a película “A TEORÍA DO TODO”, que se centra na xuventude e madurez de Stephen Hawking, prestando especial atención á relación coa súa primeira muller, Jane Wilde. É ela a autora do libro no que se basea o filme, “Cara ao infinito: A miña vida con Stephen Hawking” (“Travelling to Infinity: My Life with Stephen”). Esta é a súa ficha técnica:

Título: A teoría do todo

Título Orixinal: Theory of Everything

Xénero: Biografía, Drama

Nacionalidade: EEUU/Reino Unido

Año: 2014

Duración: 99 minutos

Director: James Marsh

Guión: Anthony McCarten

Fotografía: Benoît Delhomme

Música: Jóhann Jóhannsson

Reparto: Felicity Jones, Eddie Redmayne, Emily Watson, David Thewlis, Harry Lloyd, Joelle Koissi, Maxine Peake, Adam Godley, Lesley Manville, Charlotte Hope, Pamela Betsy Cooper, Hugh O’Brien, James Wiles, George Hewer, Stuart Matthews

Sinopse: A teoría do todo é unha historia tan extraordinaria como inspiradora en torno a unha das mentes contemporáneas máis brillantes, o famoso astrofísico Stephen Hawking, e a Jane Wilde, unha estudante de arte da que se namorou mentres estudaban en Cambridge nos anos sesenta. Dúas persoas capaces de superar as peores adversidades grazas ao amor que sentían o un polo outro.

Unha película que dará que falar nos Oscar!

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.