Facebook Twitter Google +1     Admin

CONCURSO DE DEBUXO DO CONCELLO DE A GUARDA

Publicado: 18/01/2015 11:16 por vgomez en ZONA VERDE
20150118111634-escudo-a-guarda.png

CONCURSO DE DEBUXO “FOMENTA A

RECICLAXE”

 O concurso de debuxo FOMENTA A RECICLAXE é unha iniciativa do Concello de A Guarda para posteriormente, cos mellores traballos, utilizalos para a realización da campaña de concienciación “FOMENTA A RECICLAXE, 2015”, que pretende fomentar a recollida selectiva dos residuos sólidos urbanos e dos aceites domésticos entre a poboación do concello e concienciar da importancia de depositar os residuos sólidos en bolsas pechadas e dentro dos  contedores apropiados.

O tema obxecto do concurso é a recollida selectiva dos residuos urbanos, separándoos segundo a súa clase e depositándoos correctamente nos diferentes contedores distribuídos a tal efecto polo concello para material orgánico, plásticos, papel e cartón, vidro e aceites domésticos.

Pode participar o alumnado de 1º e 2º da ESO, sempre que conten co consentimento expreso dos seus pais, nais ou titores legais. A participación pode ser individual ou en grupos, cun máximo de tres integrantes, procedentes do mesmo curso e colexio.

Cada participante, xa sexa individualmente ou en grupo, poderá participar cun máximo de 4 propostas que deben presentarse en formato papel, tamaño DIN A4.

Os participantes deberán xuntar nun sobre fechado, identificado exteriormente por un pseudónimo e pola referencia Concurso Fomenta a Reciclaxe, a seguinte documentación:

- O debuxo ou debuxos propostos, en papel DIN A4, constando no reverso de cada debuxo o seudónimo.

- Outro sobre fechado identificado co pseudónimo por fóra, que deberá conter no seu interior os seguintes datos: nome e apelidos, teléfono de contacto, colexio e curso ó que pertence, e a autorización paterna. Este sobre será aberto polo xurado despois de seleccionar os traballos premiados.

Os traballos deberán ser recibidos no Concello da Guarda antes do 30 de xaneiro do 2015 ás 14:00 horas. Co fin de facilitar a entrega, eu recollereinos o día 29 e fareillos chegar ao Concello da Guarda antes da finalización do prazo indicado.

O Concello da Guarda outorgará como premio un diploma e un vale nominatvo por valor de 100€ para realizar compras en librerías ou comercios da localidade.  Tamén, o Concello da Guarda entregará ó alumnado da clase ó que pertenza o debuxo  gañador, agasallos conmemorativos do concurso. O xurado poderá declarar deserto o premio de non reunir os debuxos as características e valores reunidos nas presentes bases.

Os interesados en participar falade conmigo nos primeiros días da próxima semana.

Ánimo e participa!

 

 

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.