AS 5 PLANTAS MÁIS INVASORAS DE ESPAÑA III
Continúo coa serie adicada as plantas invasoras no noso país, que representan máis do 35 % das especies reguladas polo Ministerio de Transición Ecolóxica e que poden provocar impactos graves e de maior magnitude que moitas especies animais, ao actuar con ritmo lento e de forma pouco aparatosa, son ignoradas polo groso da sociedade.
3. Bandeira española
O nome vulgar deste arbusto procedente de toda a área tropical de América, “bandeira española” (Lantana camara), vén dado pola cor característica das súas flores. Na súa variedade máis común, as que ocupan o centro da inflorescencia locen unha cor amarela intensa, mentres que as que forman o anel exterior son de cor vermella. Con todo, hoxe atópanse variedades de xardinería con outras cores.
Esta planta resulta moi apreciada en xardinería pola facilidade coa que se cultiva e o rechamante das súas inflorescencias. Esa facilidade para o seu cultivo é o que a converte nunha invasora poderosa. Ademais de colonizar zonas perturbadas e espazos abertos, consegue penetrar nas marxes dos bosques e desprazar ás especies nativas que alí se desenvolven.
A través das raíces emite substancias alelopáticas, que son toxinas que se difunden polo chan e que inhiben o crecemento doutras plantas. É velenosa para o gando, sobre todo para cabalos e asnos, e reportáronse casos de intoxicacións mortais en nenos ao consumir accidentalmente os seus froitos.
A pesar de que esta especie non aparece recollida no catálogo español de especies exóticas invasoras, é considerada pola UICN como unha das 100 especies invasoras máis perigosas do mundo.
Mañá a segunda planta invasora!
FONTE: Vary (Álvaro Bayón)/muyinteresante.es
0 comentarios