Blogia
vgomez

ESTES SON OS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN 2026 (X)

No planeta existen máis de 7,7 millóns de especies de animais e máis do 20% está en perigo de extinción. Algúns dos animais máis estraños do noso planeta camiñan na corda frouxa da extinción. O fotógrafo Tim Flach pasou máis de dous anos inmortalizando en fotografías algúns deles, os máis emblemáticos, curiosos e rechamantes.

Seguimos coa lista. Onte falamos dPangolín. Hoxe tócalle o turno ao...

10. Gorila occidental das terras baixas

Estado: en perigo crítico. 

Este é Djala, un gorila occidental das terras baixas, fotografado nun santuario inglés dirixido pola Fundación Aspinall. Foi rescatado en Gabón na década de 1980 cando era un bebé, despois de ver a toda a súa familia asasinada por cazadores furtivos. No centro de rescate, superou gradualmente os profundos traumas da súa nenez, e 30 anos despois foi levado a casa, aos bosques de Gabón coa súa nova familia. Na natureza, a súa saúde mellorou: os vultos sobre o seu ollo esquerdo retrocederon, perdeu exceso de peso e continúa vivo a pesar da súa vellez. O rescate e a reintrodución de gorilas é custoso, e algúns conservacionistas critican o enfoque, argumentando que os fondos poderían usarse con máis eficacia para defender a estes animais en perigo de extinción na natureza.

Continuará…

FONTE: Héctor Rodríguez/nationalgeographic.com.es

0 comentarios