Blogia
vgomez

ESTES SON OS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN 2026 (IV)

No planeta existen máis de 7,7 millóns de especies de animais e máis do 20% está en perigo de extinción. Algúns dos animais máis estraños do noso planeta camiñan na corda frouxa da extinción. O fotógrafo Tim Flach pasou máis de dous anos inmortalizando en fotografías algúns deles, os máis emblemáticos, curiosos e rechamantes.

Seguimos coa lista. Onte falamos dos Osos polares. Hoxe tócalle o turno ao...

4. Mono dourado de nariz chata



Estado: en perigo

Localizado ao longo das montañas do centro de China, o mono dourado de nariz chata soporta algúns dos invernos máis duros de calquera primate non humano pode soportar. A súa capa de pelo longa e suave protéxeo dos ventos xeados mentres que o seu rostro espido soporta a maior parte do frío.

Foi cazado durante moito tempo pola súa fermosa pelame, pero desde principios da década de 1990, a caza furtiva reduciuse grazas a unha maior protección do goberno. Con todo, o seu número seguiu diminuíndo a medida que se despexaron os seus bosques para a obtención de madeira e a creación de terras de cultivo. Ademais, o turismo expandiuse ao amparo do crecemento económico de China, e as mandas de monos víronse fortemente hostigadas e perseguidas para ser vistas. Tan só ao redor de 120 exemplares desta especie sobreviven na actualidade en estado salvaxe.

Continuará…

FONTE: Héctor Rodríguez/nationalgeographic.com.es

0 comentarios