Blogia
vgomez

ESTES SON OS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN 2026 (V)

No planeta existen máis de 7,7 millóns de especies de animais e máis do 20% está en perigo de extinción. Algúns dos animais máis estraños do noso planeta camiñan na corda frouxa da extinción. O fotógrafo Tim Flach pasou máis de dous anos inmortalizando en fotografías algúns deles, os máis emblemáticos, curiosos e rechamantes.

Seguimos coa lista. Onte falamos do Mono dourado de nariz chata. Hoxe tócalle o turno aos...

5. Lémures


Estado: en perigo

Só queda o 10% dos bosques históricos de Madagascar, os cales sustentan a estes lémures en perigo crítico. Cunha gran paixón polo néctar, crese que os lémures son os polinizadores máis grandes do mundo.

A diferenza da maioría dos primates, dan a luz a grandes camadas, polo que prosperan en cativerio, onde as taxas de supervivencia son altas. Pero debido a que foron criados a partir dun grupo xenético moi pequeno, as reintroducións posteriores entrañan moitas complicacións. A súa conservación lograrase cando simplemente deixémolos en paz nun dosel de selva virxe.

Continuará…

FONTE: Héctor Rodríguez/nationalgeographic.com.es

0 comentarios