ANABAM:"BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA"
O sábado, día 23 de outubro, a partires das catro da tarde, levarase a cabo unha nova limpeza do “Bosque para unha Bolboreta” eliminando as acacias que medran nel.
Trátase de eliminar as acacias que medran na superficie que se destinou para promover un proxecto pioneiro en España e, quizais, único en Europa, que precisa un seguimento continuado para evitar a invasión de especies foráneas que poderían malograr esta iniciativa.
Anabam informa que esta actividade, como as demais que realiza, está aberta a cantos queiran colaborar, sendo agora máis importante a presenza de voluntarios para acometer este traballo, porque xa está garantido o éxito da Charaxes ao detectarse que esta bolboreta, das máis grandes de Galicia, xa realizou postas neste erbedal polo que desde a única asociación ecoloxista que resiste no sur de Galicia, din que “contamos contigo, e tamén con el, con aquel e con aqueloutro” para axilizar a limpeza do “Bosque para unha Bolboreta”. Para máis información pódese contactar polas tarde no teléfono 986 61 17 99.
FONTE:Galiciasuroeste
0 comentarios