Facebook Twitter Google +1     Admin
20150421075753-5535e0a8c4618822428b4580.jpg

 

Cando estudaban unha área xigante do espazo demasiado fría e raramente baleira, un grupo de astrónomos internacionais descubriron un así chamado “superbaleiro” de 1.800 millóns de anos luz de diámetro relativamente preto do noso sistema solar: a uns 3.000 millóns de anos luz de nós. Segundo István Szapudi, científico da Universidade de Hawaii que encabeza o estudo, "rátase da maior estrutura individual xamais identificada pola humanidade", informa The Guardian.

O chamado “punto frío” foi descuberto na zona hai 10 anos e o seu achado asombrou aos investigadores, pois a teoría do Big Bang non prevé zonas frías de tales dimensións. O novo estudo suxire que este “punto frío” pode ser explicado grazas a un baleiro xigante no seu centro que drena a enerxía da luz que o atravesa.

Non se trata dun baleiro no sentido exacto, senón dunha rexión xigante un 20% máis baleira que outras partes do universo. Os astrónomos chegaron á conclusión de que alí “faltan” ao redor de 10.000 galaxias.

Trátase dun achado único, debido á rara combinación do seu tamaño e da súa vacuidade, que se dá moi poucas veces no espazo, segundo os astrónomos. Non obstante, o achado agranda o misterio do “punto frío”, xa que non se pode explicar totalmente a súa temperatura baixa.

Ademais, os científicos aínda non saben explicar con certeza como se formou a estrutura. Por un lado, a esctructura pode indicar a existencia de "físicas exóticas", aínda descoñecidas. Por outro lado, é probable que o superbaleiro que coincide co “punto frío” pode ser explicado coa expansión crecente do universo, grazas a que os fotóns reducen a velocidade e, polo tanto, se arrefrían mentres cruzan o baleiro. Finalmente, a existencia da devandita estrutura evidencia a existencia de enerxía escura, explica o profesor Carlos Frenk de la Universidad de Durham, citado por “The Guardian”.

FONTE:rt.com/ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.