Facebook Twitter Google +1     Admin

CINE: O RENACIDO

Publicado: 06/02/2016 08:50 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20160203174707-el-renacido1.jpg

Cartel da película O RENACIDO / Imaxe:cartelescine.wordpress.com

Esta fin de semana chega aos cines a película, basada en feitos reais, O RENACIDO, xurdida da novela, co mesmo título, de Michael Punke. Nela xúntase a brutalidade da violencia e a fermosura das paisaxes onde foi rodada. Esta á a súa ficha técnica:

Título: O Renacido

Título Orixinal: The Revenant

Xénero: Aventuras

Nacionalidade: USA

Ano: 2015

Duración: 156 minutos

Director: Alejandro González Iñárritu

Produtora: New Regency / Anonymous Content / RatPac Entertainment.

Distribuidora: 20th Century Fox

Guión: Alejandro González Iñárritu, Mark L. Smith

Música: Carsten Nicolai, Ryûichi Sakamoto

Fotografía: Emmanuel Lubezki

Reparto: Tom Hardy, Leonardo DiCaprio, Will Poulter, Domhnall Gleeson, Paul Anderson, Lukas Haas, Brendan Fletcher, Brad Carter, Joshua Burge, Kristoffer Joner, Vincent Leclerc, Robert Moloney, Dave Burchill, McCaleb Burnett, Christopher Rosamond

Sinopse: Nas profundidades da América salvaxe, no ano 1823, o trampeiro Hugh Glass resulta gravemente ferido e é abandonado á súa sorte por un traizoeiro membro do seu equipo, John Fitzgerald. Coa forza de vontade como a súa única arma, Glass deberá enfrontarse a un territorio hostil, a un inverno brutal e á guerra constante entre as tribos de nativos americanos, nunha procura heroica e implacable para conseguir vingarse de Fitzgerald.

Unha odisea moi longa en todos os sentidos!

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.