Blogia
vgomez

CONFIANZA DO SER HUMANO



Nadar con quenllas no Pacífico Sur, penetrarse na selva amazónica ou atravesar a pé a cordilleira dos Andes pertencen á cotidianeidade de Céline Cousteau. Filla do explorador oceánico e cineasta Jean-Michel Cousteau e neta do oceanógrafo máis famoso do mundo: Jacques Yves Cousteau, a súa vida ben podería narrarse como unha historia de aventuras. Ela elixiu a súa propia.

Ao crecer nunha familia como esta, a natureza forma parte de min”, confesa. Agora, continúa o legado do seu avó en terra firme. Céline Cousteau estudou na Escola Internacional das Nacións Unidas na cidade de Nova York e graduouse en Psicoloxía e Artes na Universidade de Skidmore. Hoxe, como defensora socioambiental e documentalista, está centrada na historia humana detrás dos problemas ambientais. No seu último traballo, ’Tribes on the Edge’, conta a historia de supervivencia dos pobos indíxenas no Val de Javari no corazón da selva amazónica. A franco americana cre que "a consciencia do ser humano é o gran desafío para a natureza, non é só un asunto de plástico ou de deforestación”.

Cousteau herdou da súa familia o impulso e a paixón por preservar o planeta, pero está a deixar a súa propia marca no mundo. É directora da produtora Cause Centric Productions e fundou o Outdoor Film Fellowship, un programa de bolsas que equipa a novos cineastas para motivar o cambio a través do storytelling. "Sinto que sempre podemos facer máis, e a única frustración no meu traballo é que hai moito máis por facer", afirma.

Agora está centrada no traballo educativo: "Porque se chegamos aos nenos, á seguinte xeración, podemos achegalos a esas historias con imaxes, con charlas, con experiencias de inmersión que cren consciencia ambiental”, pensa  Céline. A educación é a última aventura da terceira xeración de exploradores  Cousteau.


0 comentarios