OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE VI
A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é 2009. A Axencia de Protección Ambiental de Estados Unidos (EPA) declarou en abril dese ano que as emisións de gases de efecto invernadoiro, como o dióxido de carbono, poñen en risco a saúde e o benestar humano, o que achanda o camiño a unha posible regulación local respecto diso.
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Seguro que che gusta darche un baño relaxante de cando en vez pero, sabes cantos litros necesitas para encher unha bañeira?
- 50 litros
- 95 litros
- 135 litros
- 170 litros
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es
0 comentarios