Blogia
vgomez

NINGÚN ANIMAL VOA TAN LONXE COMA ESTA LIBÉLULA

NINGÚN ANIMAL VOA TAN LONXE COMA ESTA LIBÉLULA

 O corpo e as ás da libélula Pantala flavescens evolucionaron de forma que o insecto pode cubrir longas distancias planeando coa axuda das correntes de aire /  Imaxe: Greg Lasley

Esta pequena gran voadora duns 4 centímetros de lonxitude parece ser o animal capaz de voar distancias máis longas, ata o punto de cubrir miles de quilómetros para pasar dun continente a outro.

Os científicos da Universidade Rutgers-Newark basearon o seu traballo (publicado na revista revista Plos One) na análise xenética. Ao estudar as poboacións desta libélula en lugares tan apartados entre si como Texas, o leste de Canadá, Xapón, Corea do Sur, India e Sudamérica, atoparon que a gran similitude dos seus perfís xenéticos só tiña unha explicación: os insectos cobren enormes distancias para o seu pequeno tamaño, se aparean en lugares afastados e crean unha base xenética mundial que sería imposible se non se mesturasen.

Como explica unha das responsables da investigación, "se a Pantala de Norteamérica só se cruzase coa Pantala de Norteamérica, e a Pantala de Xapón só se cruzase coa Pantala de Xapón, veriamos diferenzas xenéticas entre unhas e outras. Pero como non é así, debe de haber unha mestura de xenes ao longo de vastas distancias".

E como llas apaña esta libélula para completar os seus voos transatlánticos? A clave está na súa evolución. "A superficie das súas ás aumentou de tamaño para que o vento as impulse. Baten moito as ás e logo planean durante longos períodos, o que lles aforra moita enerxía".

Os científicos documentaron migracións deste insecto entre a India e África, saltos que esixen cruzar o Océano Índico. As libélulas necesitan un clima húmido para reproducirse, e por iso abandonan a India cando chega a estación seca.

Os exemplares máis fortes poden facer a viaxe de vez, aproveitando incluso os ventos tempestuosos; outros van parando polo camiño en illas nas que se aparean, que a seguinte xeración ?desenvolvida nunhas poucas semanas?  usará como base de despegamento para continuar o longo camiño expansivo da súa especie.

FONTE: Revista Muy Interesante/Natureza

0 comentarios