Blogia
vgomez

CURIOSIDADES DE XEOGRAFÍA QUE QUIZAIS NON COÑEZAS VIII

Continúo coa viaxe dando a volta ao mundo para localizar características xeográficas da Terra incribles e marabillosas que quizais non coñezas.

8. A Porta ao Inferno



O pozo de Darvaza ou cráter de Darvaza, tamén coñecido como porta ao Inferno, é unha antiga prospección de gas que se atopa no deserto de Karakum, preto da pequena aldea de Darvaza, en Turkmenistán.

Este cráter de 69 metros de diámetro, 30 metros de profundidade e unha temperatura no seu interior de 400 °C creouse tras un accidente en 1971 durante unhas obras de prospección de gas de xeólogos soviéticos, quen viron como o seu equipo e as súas tendas eran tragados pola terra. En realidade, descubriran unha cova subterránea chea de gas natural. Temendo que o cráter ocasionase o escape de varios gases naturais perigosos, o equipo decidiu prenderlle lume. Porén, estimaron que extinguiría nalgúns días mais leva catro décadas incendiado.

Dende entón arde sen parar e brinda un espectáculo impresionante. Hai plans por parte do goberno de Turcomenistán de pechar o cráter de gas, pola gran cantidade de gas natural que se malgastou desde hai medio século e o problema ecolóxico que provocou.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios