SABÍAS QUE... QUE SERÍA DA NOSA VIDA SEN O CORTAÚNLLAS?
Preguntáchesche algunha vez como sería a túa vida sen un cortaúnllas? Imaxínaste ter que usar unhas tesoiras xigantes ou morderte as unllas ata deixalas sangrando? Queres saber como naceron os cortaunllas, como funcionan e que tipos hai? Pois segue lendo e prepárache para alucinar coa historia destes pequenos milagres da enxeñería.
Un cortaúnllas é unha especie de pinza cunha coitela curva que serve para cortar as unllas das mans e dos pés. Normalmente son de metal, hainos de varios tamaños, e compóñense de dous partes: unha parte con dúas follas afiadas que se xuntan ao presionalas, e outra parte cun mango que se dobra sobre as follas e fai de panca. Algúns cortaúnllas tamén teñen unha parte extra con forma de punta e superficie de lima para poder sacar a porcallada que se nos mete debaixo das unllas e darlles forma.
O funcionamento dun cortaúnllas é moi sinxelo: trátase dun sistema de dúas pancas que nos permiten cortar as unhas con moita forza e pouco esforzo. O mango é unha panca que aperta as dúas follas ata que se tocan. As follas son outra panca que actúan con moita potencia e fan un movemento curto para romper a unlla. Así de fácil e rápido é cortarse as unllas cun cortaúnllas.
Sabes quen inventou o cortaúnllas? Pois non se sabe moi ben! O primeiro cortaunllas da historia apareceu na antiga China durante a dinastía Ming (1368-1644) e coñecíase como leizheng. Tratábase dunha ferramenta que se utilizaba unicamente para recortar as unllas dos pés e que estaba formada por dúas pancas unidas por un pasador. Hai unha patente de 1875 en Estados Unidos que a levou un tal Sam Valentín Fogerty. Logo houbo outras patentes que melloraron o invento, como a de William C. Edge en 1876 ou a de John H. Hollman en 1878. Pero o que leva o mérito de crear o cortaúnllas que usamos hoxe en día é outro tipo, Chapel Carter, que o patentou en 1896, tamén en Estados Unidos.
A cousa empezou en 1881, cando lle puxeron a palanquiña esa que aperta as follas para cortar. Ademais, engadíronlle un anel para colgalo do cinto ou do reloxo de peto, e así presumir de ter un cortaúnllas. En 1940, un señor chamado William Bassett conseguiu facelo máis barato e fíxolle uns cambios, como as dúas ranuras que suxeitan a panca e o relevo para apoiar o dedo.
FONTE: cortauñas.com e es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios