Blogia
vgomez

ESPECTACULARES ESTRADAS DE MONTAÑA

Vaia estradas! 

A da esquerda é a estrada 19 e atópase en Furka Pass (Suíza), nos Alpes suízos, agasallándonos cunhas impresionantes vistas ao glaciar Ródano. Este percorrido logrou fama mundial cando apareceu na película de James Bond Goldfinger (1964), coa que o Aston Martin DB5 converteuse nun modelo de lenda.

A da dereita atópase en Transfagarasan (Romanía). Un traxecto de case 100 quilómetros polos Cárpatos, con lugares tan interesantes como a fervenza Balea, o castelo Poenari (residencia do príncipe Vlad Tepes, que inspirou a Bram Stoker para escribir Drácula), o lago Vidraru ou o mosteiro de Curtea de Arges.

E despois falamos da subida ao noso Monte Trega!

FONTE: Sergio Amadoz/motor.elpais.com

0 comentarios