OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO III
A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados. Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.
Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.
Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...
3. Vida multicelular: 2.230 millóns de anos
Estes fósiles parecidos a algas atopado en rochas de 1,56 millóns de anos na China son os primeiros exemplos coñecidos de organismos formados por moitas células, a vida multicelular: o comezo dunha vida complexa.
O descubrimento foi feito público en 2016 na revista Nature Communications. Ata este descubrimento, non viramos formas de vida multicelulares grandes no rexistro fósil ata hai 600 millóns de anos, polo que se tratou dun achado incriblemente importante deixándonos este titular: A vida multicelular complexa xurdiu hai 600 millóns de anos.
Con todo, en 2017 volviamos reescribir a historia. Os resultados dunha análise xenética exhaustiva de organismos actuais realizado por científicos do MIT suxerían que os eucariotas, o grupo que comprende a animais, plantas e protistas, estiveron presentes na Terra desde hai polo menos 2.330 millóns de anos, xusto no momento en que o osíxeno empezou a ser un elemento frecuente e permanente na atmosfera. Estas probas sitúan aos eucariotas na Terra dende hai 2.330 millóns de anos. Esta nova estimación precede en 800 millóns de anos á máis temperá evidencia fósil.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios