Facebook Twitter Google +1     Admin

UNHA BICICLETA A 142 km/h

Publicado: 17/09/2016 07:28 por vgomez en CURIOSIDADES

 

A expresión "ir a pedais", para Todd Reichert, significa violar o límite legal de velocidade na estrada montado sobre unha bicicleta. Agora que os motores eléctricos conquistaron bicis e patinetas, un concurso internacional aposta por bater récords en vehículos que están propulsados só con forza humana. É tamén o empeño de Reichert, un enxeñeiro aeroespacial de 33 anos metido a deseñador de bicicletas, e púxoo en escena coma se protagonizase unha road movie: rodando a velocidades impensables sobre a estrada 305 do deserto de Nevada: Unha das máis rectas, chairas e lisas do mundo.

Reichert e o seu equipo de Aerovelo, a empresa canadense que fabrica os prototipos, logrou romper o récord mundial de vehículos a tracción humana alcanzando as 88,26 millas por hora (142,04 quilómetros por hora). De estar a conducir un coche ou unha moto, o enxeñeiro cometería unha infracción de tráfico: o límite de velocidade na estrada en Nevada é de 129 quilómetros por hora. O récord bateuse o mércores ás sete da tarde (hora local), as catro da madrugada deste xoves (hora de Madrid), pero a organización non o confirmou ata última hora do día. 

O récord anterior tíñao tamén Reichert cando o 19 de setembro de 2015, acadara 138,45 km/h.

Que pasada!

FONTE: Xornal El País/Deportes

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.