Facebook Twitter Google +1     Admin
20161025184237-cantidad-de-gases-de-efecto-jpg-604x0.jpg

A cantidade de gases de efecto invernadoiro na atmosfera bate récord en 2015 / Imaxe: diariocorreo.pe

O planeta entrou na era das 400. Por primeira vez desde que os humanos pisan a Terra, superouse a cifra de 400 partes por millón de CO2, o principal gas de efecto invernadoiro. Este gas é o principal responsable do quecemento global que está a achegar un cambio climático cada vez máis irreversible. O maior problema é que unha vez liberado, tardaranse milenios en rebaixar esa concentración.

En maio de 2013, os xornais do mundo facíanse eco dunha noticia preocupante. Por primeira vez un observatorio, o que a axencia estadounidense NOAA ten no volcán hawaiano de Mauna Loa captaba unha concentración de 400 ppm. (partes por millón) de dióxido de carbono no aire. Para facerse unha idea, nos inicios da Revolución Industrial había 278 ppm. Era unha concentración que representaba un balance natural entre a atmosfera, os océanos e a bioesfera. Pero a crecente queima de combustibles fósiles, primeiro carbón e despois petróleo, alterou ese balance.

O rexistro de 2013, con todo, foi puntual, localizado e temporal. Nos meses seguintes a cifra baixou. Pero, segundo anuncia hoxe a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), en 2015 a marca das 400 ppm. foi xeneralizada, global e sen que os cambios estacionales fixesen que o CO2 se apease de aí.

"O verdadeiro problema é o dióxido de carbono, que permanece na atmosfera durante milenios e aínda máis nos océanos. Se non atallamos as emisións de CO2, non podemos loitar contra o cambio climático nin manter o ascenso da temperatura por baixo dos dous graos respecto da da era preindustrial", sostén o secretario xeral da OMM.

Durante a última década, a cantidade de CO2 na atmosfera mantívose próxima ás 400 ppm., pero sen superalas. Para os climatólogos da NOAA, a pinga que colmou o vaso foi o fenómeno climático El Niño, que tivo o seu máximo para mediados do ano pasado. O seu impacto, en forma de secas en amplas zonas tropicais, reduciu a capacidade das selvas para absorber CO2. Pero El Niño xa pasou e a cifra das 400 ppm segue aí.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.