Blogia
vgomez

ANIMAIS EXTINTOS XVIII

Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.

Se onte falamos da Moa, hoxe tócalle o turno á...

18. Ave elefante

Do mesmo xeito que o dodo, trátase dun paxaro non voador. E non é de estrañar debido ao seu tamaño. O ave elefante (Aepyornithidae), era enorme, podía pesar sobre 550 quilogramos e ter ata 3 metros de altura e 2,3 metros de lonxitude. Vivía na illa de Madagascar. Entre os séculos XVII e XVIII, extinguiuse por razóns aínda descoñecidas. Con todo, crese que a actividade de caza humana abusiva xogou un papel crave, como en tantas outras especies.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza  

0 comentarios