Blogia
vgomez

ATOPAN RESTOS ORGÁNICOS NAS GARRAS DO CITIPATI OSMOLSKAE

ATOPAN RESTOS ORGÁNICOS NAS GARRAS DO CITIPATI OSMOLSKAE

Citipati osmolskae / nhm.ac.uk

Investigadores da Universidade Estatal de Carolina do Norte en EE.UU. descubriron material orgánico nas garras dun dinosauro que quedou fosilizado para a posteridade mentres chocaba os seus ovos hai 75 millóns de anos. Trátase da vaina de queratina que cubría os dedos do animal, é unha proba máis de que tecidos brandos poden preservarse no tempo, o que supón abrir unha xanela ao pasado máis aló dos ósos e fósiles.

O dono deses tecidos é un oviraptor, o Citipati osmolskae, un dinosauro do tamaño dun emu que viviu no que hoxe é Mongolia durante o período Cretácico. O seu aspecto énos familiar, porque se recrea moitas veces nas películas, cun pescozo extremadamente longo, a cola curta e un cranio pequeno coroado cunha crista alta. Este exemplar en concreto foi recuperado en 1995 da formación Djadokhta, onde apareceu en posición de chocando os seus ovos nun niño. Os paleontólogos teorizaron que foi enterrado rapidamente por unha duna de area, o que explica a súa excelente conservación.

Durante a preparación da mostra, os científicos notaron que había unha lente delgada de material branco que se estendía máis aló dunha das garras óseas nunha extremidade anterior, e que difería en textura e cor do sedimento e o óso.

Nas aves modernas, unha especie de funda cobre a garra ao final dun dedo do mesmo xeito que as uñas nos seres humanos e cumpren unha serie de funcións, como axudar na defensa, o movemento ou a captura dunha presa. As vainas nas aves modernas compóñense de dous tipos de queratina: alfa-queratina, a forma máis suave que se atopa no interior da vaina; e beta-queratina, unha queratina máis dura e resistente que comprende o exterior da vaina.

FONTE: Xornal/ciencia

0 comentarios