A VÍA LÁCTEA PODE ESTAR INFESTADA DE PLANETAS CON OCÉANOS E CONTINENTES COMO OS DA TERRA
Descubrir vida noutros planetas é agora mesmo o principal obxectivo dos científicos. Pero para que haxa vida, téñense que dar unha serie de condicións, entre elas, a presenza de auga. Con todo, aínda se debate sobre a forma na que o líquido elemento apareceu no noso planeta: apareceu durante a súa formación ou chegou case por casualidade ao chocar un asteroide de xeo nos nosos dominios? Agora, investigadores do Instituto GLOBE da Universidade de Copenhague publicaron un estudo que poxa pola primeira opción. E, segundo os seus cálculos, isto tamén ocorreu en Venus e en Marte, polo que deducen que a Vía Láctea pode estar infestada de planetas acuáticos. Os resultados acaban de publicarse na revista Science Advances.
"Todos os nosos datos suxiren que a auga formou parte dos compoñentes básicos da Terra desde o principio. E debido a que a molécula de auga xorde con frecuencia, existe unha probabilidade razoable de que se aplique a todos os planetas da Vía Láctea. O punto decisivo para saber se hai auga líquida é a distancia do planeta á súa estrela", explica o autor principal do estudo.
Usando un modelo por computador, os investigadores do estudo, calcularon a rapidez coa que se forman os planetas e a partir de que bloques de construción en concreto. Así observaron que estes mundos iniciábanse a partir de partículas de po de tamaño milimétrico de xeo e carbono, que se sabe que orbitan ao redor de todas as estrelas novas na Vía Láctea. As mesmas que hai 4.500 millóns de anos acumuláronse na formación do que logo se convertería na Terra.
"No punto en que a Terra medrara un 1% da súa masa actual, o noso planeta formouse capturando masas de seixos cheos de xeo e carbono. Logo, medrou cada vez máis rápido ata que, despois de 5 millóns de anos, volveuse tan grande como o planeta que coñecemos hoxe, afirman. Ao longo do tempo, a temperatura na superficie aumentou bruscamente, o que provocou que o xeo dos seixos evaporárase cara á superficie, de modo que, a día de hoxe, só o 0,1% do planeta está composto de auga, aínda que o 70% da superficie terrestre sexa auga". Esta teoría é coñecida como «acumulación de seixos»: os planetas están formados por pequenas rochas que agrúpanse, cada vez máis rápido ata formalos.
O autor explica que a molécula H2O atópase en todas partes da nosa galaxia e que, por tanto, a teoría abre a posibilidade de que outros planetas formáronse da mesma maneira que a Terra, Marte e Venus. "Todos os planetas da Vía Láctea poden estar formados polos mesmos bloques de construción, o que significa que os planetas coa mesma cantidade de auga e carbono que a Terra, e por tanto os lugares potenciais onde pode (ou puido) haber vida, ocorren con frecuencia ao redor doutras estrelas na nosa galaxia, sempre que a temperatura é a adecuada", asevera.
Importantes oportunidades para a vida
Por tanto, é lóxico pensar que se algúns planetas da nosa galaxia tivesen os mesmos compoñentes básicos e as mesmas condicións de temperatura que a Terra, tamén haberá amplas posibilidades de que teñan aproximadamente a mesma cantidade de auga e continentes que o noso planeta.
Pero tamén existe outra posibilidade: se a cantidade de auga presente nos planetas fose aleatoria, estes poderían ser moi diferentes entre si. Algúns planetas estarían demasiado secos para desenvolver vida, mentres que outros estarían completamente cubertos por auga.
Istes investigadores esperan con interese a próxima xeración de telescopios espaciais, que ofrecerán mellores oportunidades para observar exoplanetas. "Os novos telescopios son poderosos. Usan espectroscopía, o que significa que, ao observar que tipo de luz bloquéase na órbita dos planetas ao redor da súa estrela, pódese ver canto vapor de auga hai. Pode dicirnos algo sobre a cantidade de océanos nese planeta", conclúen.
FONTE: abc.es/ciencia
0 comentarios