Blogia
vgomez

REACTOR DE FUSIÓN NUCLEAR ITER

Parte do equipo científico, no interior do imán na Spezia (Italia). Fusion For Energy

 

Aínda hai que construír outros 17, pero o primeiro imán do reactor de fusión nuclear ITER xa é unha realidade. Mide o que un edificio de catro pisos (14 metros) e pesa (300 toneladas) o que un Boeing 747, e cando estea cos seus compañeiros, formando un anel de 18 imáns, será capaz de conter unha estrela: un anaco de materia onde reina a fusión entre pares de átomos de hidróxeno (cada un cun protón), para xerar átomos de helio (dous protones) e unha chea de enerxía limpa e inesgotable. A previsión dos seus xestores é que o ITER estea en marcha en 2025. Se o conseguen, será a maior revolución enerxética desde o descubrimento do lume, e moito menos contaminante ca el. Xa era hora de que os Homo sapiens puxésemosnos ao día. O lume inventouno o Homo erectus, nunha humillación prehistórica.

Os físicos calcularon que a enerxía solar é o único futuro posible. Todas as reservas de combustibles fósiles (e de uranio) que quedan no planeta non suman máis que a enerxía que nos chega do Sol nun ano. Incluso os combustibles fósiles son enerxía solar, só que en diferido. Foi o Sol quen alimentou a construción daqueles corpos vexetais e microbios que agora recuperamos do subsolo nas nosas plantas petrolíferas. O problema, naturalmente, é que non sabemos aproveitar toda esa enerxía solar que chega ao noso planeta. E, aínda cando aprendamos a usala, iso non será máis que unha mínima fracción do que emite a nosa estrela. O noso futuro depende da enerxía solar.

Pero hai outra forma de usar a enerxía solar, e é imitala na Terra. A razón pola que o Sol brilla e emite enerxía é a fusión nuclear: a combinación de dous átomos de hidróxeno para producir un de helio que mencionamos antes. A enerxía nuclear actual é de fisión: consiste en romper os átomos de uranio ou plutonio, que son enormes ás escalas atómicas, xerando uns residuos radioactivos de larguísima duración que supoñen unha hipoteca para as xeracións futuras. A enerxía nuclear de fusión, pola contra, é limpa (nin emite dióxido de carbono nin xera residuos radioactivos de longa duración) e a súa fonte é virtualmente inesgotable, porque será a auga do mar.

Mentres non saibamos aproveitar a enerxía do Sol, a mellor solución será imitala en terra firme. Só faltan oito anos, e xa temos o primeiro imán.

FONTE: Javier Sampedro/Materia/Xornal El País

0 comentarios