O "SOL ARTIFICIAL" DA CHINA PARA 2050
Superconductor Avanzado Tokamak (EAST) / Imaxe: es.wikipedia.org
A procura dunha fonte enerxía limpa e efectiva é un dos grandes retos da humanidade para este século. O evidente e crecente problema dos combustibles fósiles require unha transición enerxética cara a unha fonte de enerxía sen emisións de gases de efecto invernadoiro. É a enerxía nuclear unha alternativa segura e fiable?
Hai dous tipos de enerxía nuclear, a fisión e a fusión. A fusión, proceso que ten lugar no Sol, é moito máis limpa que a fisión (proceso que utilizan as centrais nucleares que temos hoxe) xera moitos residuos, e estes son inestables e o seu almacenamento é caro e problemático. En cambio, a fusión non produce apenas residuos nucleares. Pero non hai lugar sobre a Terra capaz de recrear as temperaturas dunha estrela, necesarias para que ocorra a fusión. Ou si?
China xa prepara o proxecto de central de fusión para 2050, unha data na que esperan que este ‘Sol artificial’ en miniatura estea en pleno funcionamento: trátase do Superconductor Avanzado Tokamak (EAST), o proxecto dunha central enerxética con forma de rosquilla, situado na provincia oriental de Anhui, que a logrado unha serie de primicias en investigación de enerxía nuclear.
En 2017, converteuse na primeira instalación deste tipo no mundo en soster algunsa condicións necesarias para a fusión nuclear durante máis de 100 segundos, e o pasado novembro alcanzou unha temperatura de 100 millóns de graos centígrados, seis veces máis elevada que o núcleo do Sol.
Con esta formulación, China pretende comezar a xerar enerxía de fusión comercialmente viable a mediados de século.
O EAST forma parte do proxecto do Reactor Experimental Termonuclear Internacional (ITER), que busca demostrar a viabilidade da enerxía de fusión. Financiado e dirixido pola Unión Europea, India, Xapón, China, Rusia, Corea do Sur e os Estados Unidos, a peza central do proxecto multimillonario será un dispositivo de fusión cilíndrico xigante, chamado Tokamak.
Agora, atópase en construción en Provenza, no sur de Francia, e incorporará pezas desenvoltas no EAST e tamén doutros centros de investigación.
Moitos países ven a promesa dunha enerxía limpa e ilimitada na fusión nuclear. A fusión, proceso contrario á fisión, consiste en unir núcleos de átomos simples para formar outros máis complexos (o Sol faio de maneira continuada fusionando hidróxeno, para formar helio); o resultado é a liberación dunha gran potencia enerxética.
Pero lograr a fusión (e de maneira controlada) é extremadamente difícil e prohibitivamente custoso: o custo total de ITER estímase en 20.000 millóns de euros.
Un dos principais enxeñeiros chineses do ITER, recoñeceu nun comunicado que as capacidades técnicas de China en materia de fusión aínda están por detrás dos países máis desenvoltos, e que os Tokamak xaponeses e estadounidenses lograron resultados, en xeral, máis valiosos.
Pero o reactor de proba de Anhui subliña o rápido avance científico de China e a súa determinación en converterse nun dos países pioneiros en novas enerxías.
FONTE: Laura Marcos/muyinteresante.es/ciencia
0 comentarios