Blogia
vgomez

PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS 2019: COOPERACIÓN INTERNACIONAL

Salman Khan / Imaxe: okdiario.com

O matemático e enxeñeiro estadounidense Salman Khan foi galardoado co Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional 2019. Khan é o creador da Khan Academy, unha web gratuíta que permite que nenos e adolescentes de todo o mundo aprendan matemáticas e ciencias ao seu ritmo, a través de vídeos e exercicios.

Nacido en Nova Orleans en 1976 de nai india e pai bangladesí, e criado nun fogar que se mantiña co xusto,  Khan gañouse a fama de revolucionario cun sistema xurdido da súa propia experiencia e dunhas cantas certezas. O enxeñeiro eléctrico, matemático e informático formado en Harvard e o MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) cre que cada estudante é único e ten ritmos de aprendizaxe únicos que o sistema tradicional de ensino, esencialmente pasivo, non pode satisfacer.

Khan expón unha sorte de escola ao revés: apréndese en casa, con leccións gravadas en vídeo e exercicios, e fanse os deberes na aula. Desta forma, o estudante que non entendeu un concepto non ten máis que rebobinar a lección cantas veces necesite ata dominala. E o profesor, que dispón dun programa para seguir os progresos e tropezos de cada alumno en casa, pode investir o seu tempo en resolver lagoas.

Se queres coñecer a súa plataforma gratuíta preme AQUÍ.

Parabéns!

FONTE: elpais.com/sociedade

0 comentarios