Blogia
vgomez

OS SEIS "PREMIOS NOBEL DO MEDIO AMBIENTE" DE 2019

Alfred Brownell (Liberia-Africa), Bayarjargal Agvaantseren (Mongolia-Asia)  Ana Colovic Lesoska (Macedonia del Norte-Europa), Jacqueline Evans (Illas Cook-Nacións Insulares), Linda García (Estados unidos-América del Norte) e Alberto Curamil (Chile-América Central e América do Sur))

O Premio Goldman (coñecido tamén como o ‘premio Nobel do medio ambiente’) é un premio que se concede anualmente como recompensa a defensores da natureza e o medio ambiente, repartido en 6 categorías en función da zona xeográfica: África, Asia, Europa, as Nacións Insulares, América do Norte, América Central e América do Sur.

O premio foi instituido en 1990 polos filántropos Richard N. Goldman (1920-2010) e Rhoda H. Goldman (1924-1996) para mostrar que os problemas ambientais son internacionais, para dar atención pública a problemas globais de importancia crítica, para dar recoñecemento a individuos ordinarios que traballan para protexer e mellorar o medio ambiente, e para inspirar a outros para que sigan o exemplo dos gañadores do Premio. A primeira cerimonia deste premio, coincidindo co Día da Terra, celebrouse o 16 de abril de 1990.

Os gañadores deste ano son os seguintes:

BAYARJARGAL AGVAANTSEREN, Mongolia: Axudou a crear a Reserva Natural Tost Tosonbumba de 1,8 millóns de acres na parte sur do deserto de Gobi, un hábitat crucial para o leopardo das neves, e convenceu ao goberno mongol para que prohibise a explotación mineira dentro da reserva.

ALFRED BROWNELL, Liberia: Baixo ameazas de violencia, iste avogado medioambientalista, detivo a talla dos bosques tropicais de Liberia para a plantación de palma aceiteira. A súa campaña protexeu 513.500 acres de bosque nativo que constitúe un dos focos de biodiversidade máis importantes do mundo. Vive exiliado temporalmente nos Estados Unidos para poder protexer a súa seguridade.

ANA COLOVIC LESOSKA, Macedonia do Norte: Dirixiu unha campaña de sete anos para suspender o financiamento internacional para o plan de construción de dúas enormes centrais hidroeléctricas dentro do Parque Nacional Mavrovo en Macedonia do Norte. Grazas a isto, foi posible protexer o hábitat de lince balcánico que está practicamente extinto.

ALBERTO CURAMIL, Chile: Dirixiu á súa comunidade mapuche para deter a construción de dous proxectos hidroeléctricos no sacro río Cautín de Chile. Estes proxectos desviarían millóns de galóns de auga todos os días, danando un ecosistema crucial e agravando as condicións de seca. Foi arrestado en 2018 e aínda permanece en prisión. Os seus colegas consideran que o atacaron por mor do seu activismo.

JACQUELINE EVANS, Illas Cook: Liderou unha campaña de cinco anos para protexer a marabillosa biodiversidade mariña das Illas Cook. Grazas á súa tenaz organización, as Illas Cook promulgaron novas leis (Marae Moana) para administrar e conservar as 763.000 millas cadradas de territorio oceánico do país e así declarar áreas mariñas protexidas ao redor das quince illas.

LINDA GARCIA, Estados Unidos: Organizou aos cidadáns locais para deter a construción da terminal de exportación petroleira Tesouro Savage en Vancouver, Washington. Ao deter a construción da terminal petroleira máis grande de América do Norte, García freou o fluxo de 11 millóns de galóns de petróleo cru por día desde Dakota do Norte cara a Washington.

Parabéns!

FONTE: goldmanprize.org, lavanguardia.com e es.wikipedia.org

0 comentarios