Blogia
vgomez

ANIMAIS EXTINTOS VIII

Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.

Se onte falamos da Ibex pirenaica, hoxe tócalle o turno á...

8. Baiji

O baiji (Lipotes vexillifer), tamén chamado golfiño chinés de río, só podía atoparse no río Yangtze en China. Estes mamíferos podían medrar ata 2,5 metros de longo. Confiaban na ecolocalización para navegar e buscar alimento debido aos seus pequenos ollos e a súa mala vista. O seu número diminuíu drasticamente desde a década de 1950 en diante. A medida que China se industrializaba, o río utilizábase para a pesca, o transporte e a enerxía hidroeléctrica, o que tivo un gran efecto nos mamíferos. Foi declarado extinto en 2006.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza  

0 comentarios