Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CXXIV

ENCRUCILLADO CXXIV

VERTICAIS: 1. Símbolo do elemento químico metálico, de cor brillante semellante á da prata, que se funde con facilidade e se emprega para soldar 3. Nome do segundo país do centro de Europa, resultante da división de Chacoslovauía, xunto con Chequia 4. Nome do río suramericano, o segundo máis importante en termos de magnitude tras o río Amazonas, cuxo curso transcorre polos territorios do Brasil, Paraguai e a Arxentina 7. Persoa que ten un gran parecido con outra 8. Instrumento músico de vento formado por un tubo de madeira dividido en tres partes, con seis furados, dez chaves e dobre palleta, que emite un son semellante ao do clarinete.

HORIZONTAIS: 2. Apelido do escultor galego (Sarría-Lugo, 1940-París, 2010) que realizou esculturas monumentais en Francia e Galicia 5. Utensilio composto de dúas varas grosas cunhas táboas atravesadas no medio, que serve para transportar unha carga ou enfermos entre dous 6. Capital e cidade máis poboada de Sudán 9. Pequeno país de América Central, que ten por capital Belmopán 10. Insecto da orde dos ortópteros, saltador, duns tres centímetros de tamaño e de cor negra, que se caracteriza porque o macho produce un son monótono ao fretar os élitros.

0 comentarios