A ORIXE DAS PALABRAS: NON HAI TU TÍA
A expresión ‘Non hai tu tía’ é utilizada coloquialmente para referirse que non hai remedio respecto a algunha cousa e mesmo chégase a utilizar para dicir que non hai maneira de que ocorra algo ou é imposible: "Estou desesperado, non hai tu tía de que me faga caso".
En realidade a frase é unha derivación errónea da orixinal «non hai atutía». A atutía era o resto de óxido de cinc que quedaba adherido nas paredes dos fornos tras a fundición do latón (aliaxe de cobre e cinc).
Seguindo a receita da antiga medicina árabe, de onde procede a palabra (attutíyya), preparábase un ungüento medicinal realizado con esta feluxe de óxido de cinc e que era utilizado para curar todo tipo de enfermidades, sobre todo oculares, e que rematou servindo para sandalo todo (ou nada). Cando nas antigas farmacias dicían «non hai atutía» implicaba que se esgotou o medicamento.
Co transcorrer dos séculos a palabra perdeu a primeira letra, quedando en «tutía» e así é como debería escribirse a famosa expresión: Non hai tutía e que equivalería hoxe en día a "non hai nada que facer".
FONTE: traducciones.com e Alfred López/blogs.20minutos.es Imaxe: horchataypalomitas.com
0 comentarios