Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: DESASTRE

Que é un desastre? Pois unha calamidade, unha catástrofe, un accidente grave, acontecemento desgraciado e consecuencia negativa que comporta. En sentido figurado, persoa que fai mal as cousas ou cousa de mala calidade ou mal feita.

Cal é a súa orixe?

A palabra desastre vén do francés,  désastre, e esta, á súa vez, do antigo italiano,  disastro, que orixinalmente vén do grego. Dis (prefixo desfavorable) e aster (estrela), dá lugar a “sen–astro” que vén ser “mala estrela”, imos, unha desgraza.


Os gregos antigos estaban fascinados polo ceo e a astronomía, e crían firmemente na influencia dos astros nos acontecementos da vida terrestre. Usaban esta palabra para queixarse das inclemencias do tempo ou das posicións desfavorables dos planetas e como estas repercutían na vida do día ao día dos gregos antigos.

FONTE: es.babbel.com

0 comentarios