Blogia
vgomez

AS LIBÉLULAS MÁIS BONITAS DO MUNDO VII

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada as libélulas, insectos fascinantes que, polas súas rechamantes cores e a súa elegancia ao voar, resultan atractivos para moitas persoas. Dentro deste fascinante grupo que son os odonatos existen dous subórdenes: Anisoptera (libélulas) e Zygoptera (cabaliños do diaño).

13. Libellula depressa

 

Libellula depressa / Waugsberg/Wikicommons

Libélula de ventre plan. Ademais de polas súas rechamantes cores, un dos aspectos máis rechamantes desta especie de libélula é o comportamento dos machos, que defenden agresivamente o seu territorio e a miúdo controlan unha charca enteira, perseguindo e expulsando aos seus competidores.

14. Leucorrhinnia dubia

Leucorrhinnia dubia / Böhringer Friedrich/Wikicommons

Esta especie de libélula europea habita en turbeiras, charcas, lagos e lagoas de montaña.

Continuará...

FONTE: (Gran parte da información sobre as libélulas e cabaliños do diaño deste artigo obtívose da Guía de Campo das Libélulas de España e Europa de Edicións Omega) / Sarah Romero/muyinteresante.es

0 comentarios