Facebook Twitter Google +1     Admin

O SER VIVO MÁIS VELENOSO QUE SE COÑECE

Publicado: 05/07/2017 07:46 por vgomez en ZONA VERDE

La cubomedusa australiana posee una carga mortífera que liquidaría al equivalente a una habitación llena de gente.  
A cubomedusa australiana posúe unha carga mortífera que liquidaría ao equivalente a unha habitación chea de xente / Getty Images


De outubro a maio, ninguén se mete na auga nas praias de Queensland, ao nordés de Australia. E non porque a auga estea fría, senón porque as cubomedusas (Chironex fleckeri), tamén coñecidas como medusas cofre ou avesporón de mar, achéganse á costa para reproducirse.

A pesar do seu aspecto inofensivo, esta criatura de entre dez e vinte centímetros é o ser vivo máis letal da Terra. Os seus tentáculos, de ao redor dun metro de longo, teñen miles de cnidoblastos, células urticantes cun filamento arponado e retráctil (nematocisto) que se disparan inxectando un potente veleno neurotóxico, cardiotóxico e citotóxico, "unha carga mortífera que liquidaría ao equivalente a unha habitación chea de xente". O máis leve rozamento produce unha súbita e indescritible dor, tan intensa que pode inducir un shock e facer que a vítima se afogue, de non morre antes por fallo respiratorio ou colapso cardiovascular.

FONTE: Isidoro Merino/Xornal El País

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.