Recreación artística doictiosaurio estudiado / JOSCHUA KNÜPPE

O fósil deste réptil mariño, que morreu hai 200 millóns de anos, pasou desapercibido ata que chegou á colección dun museo de Hannover (Alemaña). Con todo, gardaba unha sorpresa no seu interior: un embrión de sete centímetros de lonxitude que revela que se trata dunha femia preñada.

Extinguido fai 90 millóns de anos, o ictiosaurio viviu durante o Xurásico inferior. Ata agora describíronse seis especies deste réptil mariño, pero o exemplar achado a mediados dos anos 90 na costa do condado de Somerset, en Reino Unido, é o máis grande rexistrado grazas aos seus máis de tres metros de lonxitude.

Foi o paleontólogo Sven Sachs o que reparou por primeira vez no fósil, e posteriormente informou a outro compañeiro seu, experto nesta especie, o científico Dean Lomax, da Universidade de Manchester (Reino Unido). Tras analizalo, os dous investigadores concluíron que os restos correspondían aos dun Ichthyosaurus someretensis. Os resultados publicáronse na revísta Acta Palaeontologica Polonica.

Aínda que é bastante común o achado de fósiles desta especie en Somerset (recolléronse numerosos restos de ictiosaurio, a maioría durante o século XIX, en minas e canteiras da zona) este en concreto proporciona nova información sobre o rango de tamaño desta especie. O feito de que sexa tan só o terceiro que se atopa cun feto no interior tamén o fai especial.

Os restos do embrión están incompletos e tan só consérvase unha parte da columna vertebral, a aleta dorsal, as costelas e algúns outros ósos menores. Ademais, os ósos non habían osificado ao completo, o que significa que aínda estaba a se desenvolver.

Por agora é o exemplar máis grande que se achou, aínda que os investigadores sinalan que hai outros restos que suxiren que había especímenes que alcanzaban os 20 metros.

Esta especie levaba un modo de vida similar ao dos actuais golfiños.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia