Blogia
vgomez

POR QUE OS CABALOS SON O ÚNICO ANIMAL QUE TEÑEN UN SÓ DEDO?

POR QUE OS CABALOS SON O ÚNICO ANIMAL QUE TEÑEN UN SÓ DEDO?

Casco dun cabalo / Imaxe: balance-f.com

Crese que os devanceiros dos cabalos tiñan o tamaño dun can. Tiñan unhas patas dianteiras que finalizaban en tres dedos e unhas traseiras que acababan en catro. Co tempo, estes animais foron medramdo ata chegar ao que coñecemos hoxe en día. Aos poucos, os científicos non saben como, as súss extremedidades evolucionaron e deron lugar ás pezuñas actuais. Calquera radiografía mostraría que no seu interior hai un único dedo e que o resto quedou reducido a vestixios minúsculos.

Un estudo realizado por científicos da Universidade de Harvard e publicado recentemente na revista Proceedings of the Royal Society B, arroxou luz ao misterio de como evolucionaron as pezuñas dos cabalos. Os investigadores concluíron que ocorreron dous procesos determinantes. Por unha banda, o peso do corpo foi aumentando e, por outra, os dedos fóronse reducindo. Segundo os autores, a evolución "descubriu" que, para soportar as forzas, era máis eficaz ter un dedo medio robusto e forte que moitos dedos laterais.

Pero, como ocorreu todo isto? Cando, ao longo da evolución dos cabalos, os dedos laterais deixaron de funcionar?

Para responder a estas e outras preguntas, os autores examinaron 13 fósiles de pernas de cabalo, de ata 50 millóns de anos de antigüidade, e comparáronas coas patas modernas. Grazas a tecnoloxías de reconstrución tridimensional mediron parámetros como a lonxitude e a área e estimaron a resistencia dos membros ás forzas, se o animal estivese saltando ou trotando.

Os resultados mostraron que en moitas especies temperás de cabalos os dedos laterais tiñan un papel moi importante e sostiñan boa parte do peso do animal. Pero logo, isto cambiou.

"A medida que aumentou o peso corporal, e os dedos laterais foron desaparecendo, o dedo medio compensou isto cambiando a súa xeometría interna, permitindo a cabalos aínda maiores permanecer en pé e moverse sobre un só dedo", manifesta a coautora da investigación. "Ademais, aumentou a cantidade total de óso, permitindo que resistise mellor á compresion e á flexión, o que é crucial para animais tan grandes".

Segundo os autores, estas análises mecánicas son o testemuño máis claro de como e por que a evolución optou por reducir o número de dedos nas extremidades dos cabalos.

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios