AS MARABILLAS NATURAIS MÁIS ESTRAÑAS DA TERRA X
Continúo coa serie as marabillas naturais máis estrañas da Terra, onde viaxaremos polo mundo natural, que nos amosa formas caprichosas, ecosistemas ancorados en milenios pasados, formas misteriosas,...
Hoxé imos a...
10. O Lago Moteado (Canadá)
Na provincia canadense da Columbia Británica, un 100 km ao leste de Vancouver e próxima á fronteira con Estados Unidos, atópase unha formación lacustre sumamente rara, de aspecto surrealista para uns e extraterrestre para outros. Os indios nativos d Okanagan, o val circundante, chámana polo seu nome vernáculo: Kliluk, o lago sacro. Para o resto do mundo é, concisamente, o lago Moteado (Spotted lake), denominación que alude ás súas características físico-xeolóxicas, francamente peculiares.
Trátase dun corpo acuático salino e endorreico que tolera unha das máis altas concentracións de minerais do planeta. Durante o verán, nos seus pouco máis de 15 hectáreas, ten lugar un fenómeno natural extraordinario: a maior parte da auga evapórase, ocasionando cristalizacións en forma de pequenas pozas ovais, (exactamente 365, unha por cada día do ano) de contornos níveos e cores imposibles. A chocante paleta cromática inclúe verdes, azuis, amarelos, ocres e brancos en tons pálidos ou rabiosamente rechamantes, dependendo das amálgamas químicas do momento: sulfatos de sodio, calcio e magnesio, ademais de oito minerais e trazas doutros tantos, entre eles prata e titanio.
O lago Moteado é un dos máis orixinais atractivos naturais de Canadá. Ademais, as calidades terapéuticas das súas augas coñécense desde antigo.
FONTE: Javier Yaime/abc.es
0 comentarios