20171015052831-img-20171013-wa0007.jpg

A miña familia e ao fondo o ascenso do teleférico / Imaxe: Zaira Gómez Fernández (13/10/2017)

Nesta ponte do Pilar volvín a un lugar espectacular que visitei por primeira vez cando tina 17 anos. Xa choveu!  Neste caso fíxeno coa miña muller a as miñas dúas fillas, que non coñecian o lugar: Fuente De en Cantabria.

E claro, alí algo obrigado e subir no teleférico, que salva un desnivel de 753 metros, levándonos aos 1.823 metros de altitude en tan só 4 minutos, a unha velocidade de 10 m/s. Foi inagurado en 1966, levando 51 nos en servicio.

Xa non son un mozo e a viaxe foi intensa. Bueno, non só para min! No alto a paisaxe é sobrecolledora e ten unha inmensa beleza.

Dada a cantidade de visitantes (nós tiñamos o 1622 en diante), tivemos que esperar para subir algo máis de 3 horas, polo que non realizamos actividades na cima. A baixada, espectacular, foi máis maina.

Para rematar o día unha parada en Potes e volta a León.

O vídeo superior, que atopei en youtube, pode darvos unha idea da viaxe.

Merece a pena!