Blogia
vgomez

OS 100 VOLCÁNS QUE TEN ESPAÑA (V-FIN)

Continuación!

Nas illas Canarias contabilízanse catro decenas de volcáns. O máis famoso de todos é o Teide, en Tenerife, o pico máis alto de España (3.715 metros) e o terceiro volcán máis elevado do mundo. A maior erupción da que hai noticia en territorio español produciuse no volcán Timanfaya, en Lanzarote, e durou 2.055 días, entre 1730 e 1736.

 

Volcán en Lanzarote / J. L. F.

Ata a última ocorrida en Cume Vello da Palma (do 19 de setembro ao 13 de decembro 2021), a última erupción fora a do volcán submarino Tagoro, fronte ás costas do Hierro, en outubro de 2011. Hai 50 anos, en 1971, rexistrouse a anterior erupción terrestre, no volcán Teneguía, tamén na Palma.

Volcan da Palma / okdiario.com

FONTE: Elaborado a partir artigo publicafo en  farodevigo.es


0 comentarios