
Por votación popular a raíz da iniciativa do Portal das Palabras, un proxecto web da Real Academia Galega e da Fundación Barrié, a palabra do ano no nos idioma foi: AFOUTEZA.
Consultado o dicionario da RAG, aparece cos seguintes significados:
1 Disposición do espírito que leva a actuar ou a acometer calquera empresa sen temor aos perigos ou dificultades. "A afouteza do heroe non coñecía límites". 2 Seguridade que alguén ten en si mesmo, carácter firme. "Ergueuse e respondeulles con afouteza".
Añadir un comentario