Corresponsal en la Guerra de España / Imaxe: roma.cervantes.es

A resposta á pregunta do día anterior é LUIS XVI. A Revolución Francesa foi un conflito ocorrido entre 1789 e 1799 que afectou a Francia tanto social como politicamente. O seu efecto para o resto dos países de Europa, así como as súas consecuencias ideolóxicas e políticas, foi tan amplo que lla considera o inicio da Idade Contemporánea. As accións insurrectas comezaron cando o rei Luís XVI convocou aos nobres, ao clero e aos representantes do pobo a unha asemblea na que se revelou o un grave déficit orzamentario do Estado. Este descubrimento sumado ao descontento acumulado de membros de diversas clases sociais, provocou unha serie de revoltas que terminaron co derrocamento do rei e a instauración da República. A importancia da Revolución Francesa radica en que foi a expresión armada e exitosa do descontento que existía en toda Europa sobre as monarquías absolutas. Foi o comezo de novas formas de goberno.

E imos coa pregunta de hoxe...

25. A Guerra Civil Española,​ foi un conflito social, político, bélico e que máis tarde repercutiría tamén nunha crise económica no noso país. Cal foi o detonante deste conflito? Que anos durou?

- O triunfo de Franco nas eleccións xerais do año 1936 e a non aceptación dos resultados pola oposición. 1936-1940.

- División entre goberno e oposción pola participación na II Guerra Mundial. 1939-1945.

- Fracaso parcial do golpe de Estado do 17 e 18 de xullo de 1936 levado a cabo por unha parte do Exército contra o goberno democrático da II República. 1936-1939.

Maná a solución.

FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com