¿De dónde viene la expresión ‘¡vete a la porra!’?

Tres variantes da famosa "porra" que levaban os sarxentos dos exércitos españois / Imaxe: confilegal.com


"Vaite á porra!" Empregamos este modismo cando molestos, queremos que alguén nos deixe en paz.

Pero cal é a súa orixe? Pois provén do mundo castrense. O sarxento maior de cada Terzo de Flandes, a unidade de elite dos exércitos Habsburgo no século XVI e XVII, dirixía os compases dos seus homes movendo un gran garrote, unha especie de antecedente da batuta de orquestra que recibía o explícito nome de "porra". Cando unha columna en marcha facía un alto prolongado, o sarxento maior chantaba no chan o extremo inferior da súa porra distintiva para simbolizar a parada. Os soldados arrestados debían permanecer sentados ao redor da porra que o sarxento cravara ao principio. Iso equivalía por tanto a «enviar a alguén á porra» como sinónimo de arrestarlo.

FONTE: Xornal abc