A ORIXE DAS PALABRAS:"CAPUCHINO"
Cafe capuchino / Imaxe: panorama.com.ve
Un capuchino, por favor! Seguro que temos escoitado estas verbas nun bar, restaurante...O capuchino prepárase con café expreso e leite montado con vapor para crear unha escuma. Pero cal é a historia desta palabra tan familiar e, ao mesmo tempo, exótica?
Capuchino vén da palabra italiana "cappuccio", que significa carapucha, e asóciase ao hábito utilizado polos monxes capuchinos. Os monxes capuchinos comezaron como un movemento reformista dentro dos franciscanos, facendo chamados ao regreso á vida modesta e o traballo duro, que inspirou aos fundadores. Vestidos toscamente e lucindo longas barbas, adquiriron ese nome dos nenos que berrábanlles "scappuccini!" ao velos nas rúas.
Literalmente, esta palabra italiana significa "sen carapuchas", aínda que co tempo pasou a significar simplemente "ermitáns". Estes reformistas de grandes carapuchas foron oficialmente identificados como capuchinos en 1535. Hoxe en día hai uns 11.000 membros deste movemento ao redor do mundo, e a cor marrón das súas túnicas é probablemente a razón pola que lle deron nome a unha raza de monos e ás cuncas de café marrón (en lugar de negro), suavizado con leite, crema ou mesmo ovo.
En Italia, a palabra capuchino utilizábase para referirse ao café na década de 1930. Un escritor francés rexistrouno en Venecia en 1937. Pero en realidade foi en alemán, "kapuziner" o idioma no que a palabra se utilizou por primeira vez para referirse ao café. Crese que esa conexión débase ao monxe capuchino Marco d’ Aviano, quen fose confidente do emperador austríaco Leopoldo I na década de 1680.
O primeiro local dedicado ao consumo de café en Viena apareceu cara a esa data, pero o termo "kapuziner" non foi rexistrado ata máis tarde. Un exemplo é a receita para un "kapuzinerkaffe" (un café capuchino) de Wilhelm Tissot, publicada en 1790. Na mesma explícase que primeiro se ferve o café, logo mestúrase con crema, azucre e especies, e logo vólvese a ferver. Posteriormente vértese sobre as claras e as xemas do ovo, e bátense. Para os amantes do café en Viena, durante os séculos XIX e XX, o termo capuchino quedou para describir café cun pouco de leite. Nese sentido, expertos italianos aceptan que os alemáns tomaron o termo e aplicárono ao café, pero insisten en que o capuchino que tomamos é unha bebida italiana, e están no certo. O capuchino moderno é o resultado da evolución experimentada ao longo do século XX polas máquinas de café expreso, que quentan o leite e producen escuma, polas que os amantes do café deben estar eternamente agradecido aos italianos.
FONTE: cooperativa.cl
0 comentarios