A ORIXE DAS PALABRAS: WHISKY
É unha palabra de orixe gaélico e bebida nacional dos escoceses.
Segundo os arquivos da Facenda escocesa, en 1494 o frade John Cor obtivo a primeira concesión dunha partida de cebada para a fabricación dun licor coñecido como Aqua Vitae, termo latino que significa auga da vida. Do latín, a expresión viuse transformada cando se pasou ao gaélico, onde o chamaron uisce beatha. Os anos fixeron pasar este uige a usqua que finalmente terminou sendo uisky. De uisky ao actual whisky practicamente non hai nada.
O “e” de whiskey engadiuse máis tarde para diferenciar o whisky de mellor calidade, nunha época na que a reputación do whisky escocés era moi pobre. Por iso as destilerías irlandesas e americanas engadiron ese “e”, para diferenciar o seu produto e mirar por encima do ombreiro aos de menor calidade.
Noutros países, abrevíase a Scotch para referirse ao whisky escocés e nalgúns países suramericanos a palabra whiskey (wee-skee) serve tamén para facer sorrir nunha foto, do mesmo xeito que en inglés utilízase cheese ou en español de España “pataca”.
FONTE: es.babbel.com e muyinteresante.es Imaxe: harrys.com.mx
0 comentarios