Blogia
vgomez

RENOVABLES: PORTUGAL POLO BO CAMIÑO, E ESPAÑA?

Energias renovables
Enerxía renovable / Imaxe: energiasrenovadas.com


Portugal logrou un verdadeiro fito histórico en marzo, pois todas as necesidades enerxéticas dese mes cubríronse con fontes renovables: hidráulicas, eólicas, solares, geotérmicas e biomasa. De feito, a produción de enerxía con esta orixe superou por primeira vez á demanda e alcanzou o 103,6%, de acordo cos datos tanto da entidade internacional Sustainable Earth System Association como da Asociación Portuguesa de Enerxía Renovable (APREN).

Por especialidades, o 55% correspondeu nese período ás presas hidroeléctricas, mentres os parques eólicos sitúanse en segundo lugar co 42%. O informe determina: "O logro do mes pasado é un exemplo do que ocorrerá con máis frecuencia nun futuro próximo. Espérase que, para 2040, a produción de electricidade renovable poderá garantir, de forma efectiva en canto a custos, o consumo total anual de electricidade do Portugal continental". É dicir, quedan excluídos os arquipélagos de Azores e Madeira. "Estes datos, ademais de indicar un punto de inflexión histórico no sector portugués da electricidade, demostran que se pode confiar na enerxía renovable como fonte segura e viable coa que cumprir as demandas de electricidade do país", agrega o documento oficial.

A aposta por este tipo de enerxía viviu un auténtico impulso en Portugal ao longo dos últimos anos, máis aló do signo ideolóxico dos gobernos. Tanto é así que a eólica medrou un 31% e a solar, un 20%.
 

Desta forma, Portugal adianta claramente a España. Mesmo se dá a circunstancia de que o primeiro parque eólico «offshore» da península ibérica sitúase en chan luso (moi preto de Viana do Castelo e da fronteira con Galicia) pero funciona grazas á tecnoloxía española. Por tanto, o interrogante salta á vista: por que a este lado da fronteira non se realizan máis avances neste sentido?

FONTE: abc.es/economía 

0 comentarios