Blogia
vgomez

AS 7 ESPECIES MÁIS AMEAZADAS DE ESPAÑA, PRÓXIMAS Á EXTINCIÓN V

Continúo coa serie adicada as sete especies ameazadas "próximas a extinción", que no pasado xullo foron declaradas pola Conferencia Sectorial de Medio Ambiente.

Hoxe tócalle á quinta: a cerceta pardilla!

5. A cerceta pardilla   (Marmaronetta angustirostris)

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/ec/Marmaronetta_angustirostris_qtl1.jpg

Cerceta pardilla / Imaxe: es.wikipedia.org

É un pato nadador cuxos censos oscilan entre os 50 e os 200 exemplares máximo e que se viu duramente afectado polas secas dos últimos anos.

É unha especie de ave anseriforme da familia Anatidae. Mide entre 39–42 cm de longo. A súa plumaxe é de tons  pardos claros con moteado esbrancuxado. Presenta unha lista escura que atravesa os seus ollos e esténdese cara ao seu penacho da parte posterior da cabeza. As súas ás de cor areoso carecen de  espelluelo nas súas plumas secundarias. Os machos teñen a crista posterior máis longa que as femias. O pico dos machos é negro na súa totalidade, cunha liña azul cara á punta, mentres que as femias teñen a base verde. Os xuvenís teñen un moteado esbrancuxado máis denso e manchas claras no pico.

A súa principal ameaza: A destrución e degradación dos humidais.

Onde atopalo? Andalucía, nas marismas do  Guadalquivir e no litoral mediterráneo, sobre todo nos humidais do Fondo en Alacante e as  salinas de Santa Pola.

Mañá, outra especie!

FONTE: Ana Mª Nimo/futurosostenible.elmundo.es/wikipedia

0 comentarios