Blogia
vgomez

MATIZACIÓNS Á TEORÍA SOBRE A DESAPARICIÓN DOS DINOSAUROS

Teorías de la extinción de los dinosaurios

Extinción dinosauos / Imaxe: dinosaurios.info

A teoría máis estendida acerca da desaparición dos dinosauros da face da Terra culpa ao impacto dun gran meteorito hai uns 65 millóns de anos no que hoxe é a Península do Iucatán, en México. O violento choque, que abriu un cráter submarino dun 200 km de diámetro, non só causou o fin do reinado destes animais míticos, senón que tamén acabou con máis do 70% de todas as especies vivas do planeta. Unha das extincións masivas máis terribles de todos os tempos.

Con todo, investigadores da Universidade de Albany (EE. UU.) cren que a historia pode contarse doutra maneira e que non foi a roca espacial a única culpable do exterminio, senón algo ben distinto. Segundo explican, a aparición de plantas tóxicas combinada coa incapacidade dos dinosauros para asociar o sabor de certos alimentos co perigo foi en realidade o que os puxo na picota. Estas circunstancias xa reduciran drasticamente a poboación de dinosauros cando o asteroide estrelouse.

A «aversión ao gusto aprendida» é unha defensa evolutiva que se observa en moitas especies, pola cal o animal aprende a asociar o consumo dunha planta ou outro alimento con consecuencias negativas, como sentirse enfermo.

As primeiras plantas con flores, chamadas anxiospermas, aparecen no rexistro fósil moito antes do impacto do asteroide e xusto antes de que os dinosauros comezasen a desaparecer gradualmente. investigadores afirman que a medida que as plantas evolucionaban e desenvolvían defensas tóxicas, os dinosauros continuaron coméndoas a pesar do malestar gastrointestinal. Aínda que hai incerteza sobre cando as plantas con flores desenvolveron toxicidade e canto tempo tardaron en proliferar, os investigadores observan que a súa aparición coincide coa desaparición gradual dos dinosauros. 

Ademais de estudar a proliferación de plantas tóxicas mentres os dinosauros estaban vivos, os investigadores examinaros se as aves (consideradas descendentes dos dinosauros) e os crocodilos (tamén relacionados) podían desenvolver aversións gustativas. Descubriron que as aves, en lugar de formar aversións ao gusto, desenvolveron aversións ás características visuais do que sexa que as enferme. Aínda así, saben o que non deben comer para poder sobrevivir. Nun estudo anterior no que dez crocodilos foron alimentados con diferentes tipos de carne, algunhas lixeiramente tóxicas, os investigadores descubriron que, do mesmo xeito que os dinosauros, os crocodilos non desenvolvían aversións aprendidas do gusto.

"Aínda que o asteroide certamente xogou un factor, o déficit psicolóxico que facía que os dinosauros fosen incapaces de aprender a absterse para comer certas plantas xa exercera unha gran presión sobre a especie", afirman. "A visión predominante da extinción de dinosauros baseada no impacto dos asteroides implica que a desaparición dos dinosauros debería ser repentina e os efectos deberían ser xeneralizados, pero a evidencia claramente mostra todo o contrario: os dinosauros comezaron a desaparecer moito antes do impacto do asteroide e continuaron desaparecendo gradualmente durante millóns de anos despois".

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios