Blogia
vgomez

CANTO SABES DOS BOSQUES DE ESPAÑA

bosques

 

Sabías que España é o segundo país da Unión Europea con máis superficie forestal?

Durante uns días convídote a percorrer os nosos bosques e a poñer a proba os teus coñecementos sobre eles. Seguro que en moitos casos terás que facer pescudas pola dificultade, pero do que se trata é de ampliar coñecementos e quen sabe, igual sae tamén unha viaxe para coñecer algún deles.

Cada día propoñereiche unha pregunta e ao día seguinte a solución e unha nova proposta. Iso si, fíxate moi ben nas imaxes. Antes de dar a solución.

Comezamos!

1. Se queres visitar este bosque, tes que pedir permiso. Falamos de…

- A Selva de Irati

- O Bosque de Muniellos

- O Teixedo de Tosande

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Revista Muy Interesante/Naturaleza


0 comentarios