Dende hai unhas semanas unha cadea de TV estreou en españa a serie The  Good Doutor  (O bo doutor). A verdade é que persoalmente impactoume e parece ser que está a acadar un grande éxito.

O seu protagonista é Alfred Thomas Highmore (Londres, 1992) e ten 26 anos. Comezou a súa carreira de actor de neno, con tan só 7 anos. É licenciado en Filoloxía española e árabe na Universidade de Cambridge. Fala francés de forma fluída. Viviu en Madrid e inventouse que tiña unha avoa galega. Fai un papelón, a dun mozo, o Dr Murphy, autista coa síndrome de "Savant".

O Trastorno do Espectro Autista (TEA) é un trastorno  neurobiolóxico do desenvolvemento que xa se manifesta durante os tres primeiros anos de vida e que perdurará ao longo de todo o ciclo vital. Preséntase en calquera grupo racial, étnico e social, e é catro veces máis frecuente nos nenos que nas nenas. O autismo dana a capacidade dunha persoa para comunicarse e relacionarse con outros. Tamén, está asociado con rutinas e comportamentos repetitivos, tales como arranxar obxectos  obsesivamente ou seguir rutinas moi específicas. Os síntomas poden oscilar desde leves ata moi severos.

A síndrome de "Savant" (sabio, en francés) foi descrito por primeira vez en 1789 polo físico  Benjamin  Rush para referirse á asombrosa capacidade de cálculo mental dun dos seus pacientes, o escravo africano Thomas Fuller. Esta síndrome adoita darse en pacientes con anomalías  neurolóxicas (especialmente entre autistas) ou persoas con lesións cerebrais e adóitalles dotar dunha fascinante memoria aplicable á música, o cálculo ou capacidades espaciais.

Merece a pena seguir a serie!